13 28Psicología política del comportamiento de voto: la elección presidencial 2011 en Argentina 
Home Page  


Revista Psicologia Política

 ISSN 1519-549X

VILAS, Xiana    SABUCEDO, José Mauel. Novos elementos na psicoloxía política dos movementos sociais: a obriga moral e o contexto. []. , 13, 28, pp.437-452. ISSN 1519-549X.

Os movementos sociais son fenómenos que dinamizan as nosas sociedades e promoven o cambio social. Dende a psicoloxía política o achegamento a esta realidade caracterízase por intentar esclarecer os motivos psicosociais que promoven dita conduta. Nos últimos anos estamos asistindo ó desenvolvemento de propostas teóricas de grande interese neste campo. Con todo, estas aproximacións non conseguiron despoxarse do peso daquelas posicións máis instrumentais. Neste artigo estudamos elementos de interese para a análise da protesta que estiveron apartados do seu estudo durante moito tempo, como a obriga moral ou o contexto, e propoñemos a renovación doutros máis clásicos como a instrumentalidade. A obriga moral a participar refírese a un impulso interno de actuar de maneira congruente cos principios morais; por outra banda as variacións contextuais producen efectos relevantes no conxunto motivacional. Os novos modelos de acción colectiva deben ter en conta o papel dos principios morais e o contexto á hora de explicar a implicación do individuo na protesta, sen isto ter que supor restar racionalidade neste tipo de condutas.

: Acción colectiva; Eficacia; Instrumentalidade; Obriga moral; Contexto.

        · | | |     ·     · ( pdf )